Monday, April 23, 2018

Repoblacion de la Isla de Ons - 1810


Por mor das numerosas invasións que sufríu ó longo dos séculos, a Illa de Ons, situada á entrada da Ría de Pontevedra e en plena Ruta Xacobea Marítima, pasou moito tempo despoboada, motivo polo que, cando en 1810 a Xunta Provincial de Armamento decide fortificala e construír unhas baterías para defende-la entrada da ría, esta atopábase baleira.
Inda que a totalidade das obras non chegaron a rematarse por mor da falla de presuposto, os traballadores que alí acudiron deciden instalarse nela e traer as súas familias, pois non había atranco ningún para dispoñer dunhas terras baldeiras, moi productivas e contando que as augas que a bañan eran ricas en materias primas: peixe, marisco e sobre todo polbo.
Estas primeiras corenta familias pertencentes a distintos puntos da costa cercana (Penínsulas do Salnés, Morrazo e Barbanza.), van a aportar á nova comunidade os particulares costumes da súa zona de procedencia que logo mesturados e sumados co aillamento e o abandono institucional sufridos nos cáseque dous séculos ata os nosos días, trouxo o nacemento dunha riquísima cultura popular que, polas súas características sociais, antropolóxicas, arquitectónicas,..., a consideraron a Comunidade Etnográfico-Mariñeira máis importante do litoral galego.


Fuente: Raigame - Mayo 1999

No comments:

Post a Comment