Wednesday, April 18, 2018

La repoblación de la Isla de Ons – 1810


Informacion extractada del artículo “A Illa de Ons, unha mestura de terra e mar” por Celestino Pardellas de Blas.
Xa postos a comezos do século XIX, e antes de 1810, Ons atopábase deshabitada, pero pescadores da zona do Barbanza que se achegaban a pescar ás súas augas, parece ser que, en época de sementeira, levaban ás súas mulleres ata Ons e, mentres realizaban as tarefas pesqueiras, estas dedicábanse a labrar a terra. Despois ían cada certo tempo para o seu coidado e finalmente a facer a recolleita.
Cando en 1810 a Junta Provincial de Armamento da Provincia de Santiago decide instalar en Ons unas baterías de defensa, atopan unha illa baleira pero con indicios de ser aproveitada agricolamente, polo que, ao carón de facer os planos para a instalación das baterías e de poñerse en contacto cos donos para dar o seu permiso, tamén entran en conversas cos pescadores que alí sementaban co fin de comezar a recolectar man de obra para iniciar os traballos.
Non sabemos se as familias destes mariñeiros do Barbanza foron finalmente recrutados para traballar, o que si hai datos é de que a gran maioría dos obreiros que viñeron a Ons para a construción das fortificacións - baterías procedía da bisbarra do Morrazo e curiosamente unha grande maioría da parroquia pontevedresa de Salcedo.
A partir dese ano, 1810, comeza a última repoboación de Ons que chega ata os nosos días. Estes, ao principio obreiros, foron paseniñamente instalándose en Ons e alí van permanecer pagando unha renda aos, supostos, propietarios polos terreos que cultivaban, onde construíron tamén a súa vivenda. Durante os primeiros anos, aproximadamente ata 1845, a súa principal dedicación foi a terra, eran agricultores e os máis poderosos economicamente, tamén gandeiros.
Durante eses primeiros anos, de novo, a pesca ocupaba un segundo lugar, o do autoconsumo e para quitar uns cartiños vendendo polbo, peixe e marisco ao encargado da fortificación que despois o mandaba, para a súa venda en terra, no galeón que traía mercadorías.
Ao non levarse a cabo o remate da fortificación e despois dos preitos habidos entre o que se consideraba dono (o Marqués de Valladares), coa Igrexa, cos descendentes do capataz da fortificación e con algún veciños, dun xeito pouco claro, se resolve a favor do Marqués de Valladares, que queda como único “propietario”.


Fuente: Articulo tomado de la revista ARDENTÍA Numero 6 -


No comments:

Post a Comment