Tuesday, September 4, 2018

Historia dunha investigacion na la de Ons - 2015


Articulo publicado en "A Trabe de Ouro" 104, publicacion galega de pensamento critico
Autora - Paula Ballesteros-Arias

Este texto foi escrito, case na na totalidade, con motivo da presentacion do libro Ons: unha illa habitada,' libro que recolle a investigacion sobre o patrirnonio cultural na illa de Ons feita nun amplo periodo de tempo. 0 groso do proceso de investigacion levouse a cabo entre os anos 2009 e 2013 a cargo de dons proxectos. Fomos moitas as persoas que traba-Ilamos ali e a todas elas doulle as grazas por facer posible este estudo tan completo e singu¬lar. E ainda que o traballo foi plural falo en singular porque quizais foi o meu empetio o que fixo posible estar ali. E iso tell° ganas de contalo.
Son os conntezos dunha aventura. De como esa aventura persoal deu lugar a un traballo colectivo. Efectivamente, a data de comezo foi moito antes, quizais no momento que puxen os pes na illa de Ons.
Cheguei a ilia no veran de 1987. Colleramos un barco despois de escoitar tremendas marabillas dela e, moi concretamente, da acampada de Melide, Camagiiei. Ons daquela era Camagilei. E era tan Camagilei que o resto da illa non existia apenas. Naqueles momentos a illa estaba case abandonada e, de cando en vez, iamos ao barrio de Curro a aprovisionar-nos dalgUns viveres. A de Checho era un bar de marifieiros e a de Acufia tamen, ainda que este Ultimo, daquela, era o que se transformaba en discoteca apagando as lutes e pofiendo a mUsica mais bailable para os camagueianos e camagueianas que andabamos por all. Asi transcorreron varios anos de acampada en Melide, o pracer do goce dun espazo que enten-diamos como natural, nus, na auga mais fresca, na area mais quente,... no recuncho mais fermoso do planeta.
Ultimo veran que pasei en Melide coincidira can setembro moi chuvioso. Apenas xa habia campistas pero parte dos seus obxectos quedaran all, timidamente asomados no campo dunha batalla, perdida. Dobres teitos, toldos, louza, restos de fogueiras e tamen algo de comida, patacas... Xunto con nos, alguns Mans que Ian a rebusca daquelas cousas as que lies podian dar unha segunda, terceira ou cuarta utilidade, quizais como lembranza daqueles anos atras nos que un anaco de madeira traido polo mar era motivo suficiente para loitas e conflitos, neste lugar afastado no que os recursos eran extremadamente limitados. Aquel foi o ultimo veran de Camagiiei para nos e para todos. Tardei en volver a illa porque xa non tifia sentido ir sen o sentimento salvaxe de Camagilei.
Anos mais tarde volvin coa sensation de ir a outro lugar. A ilia habia pouco tempo que a nomearan Parque Nacional. Coma unha historia ciclica, os insulares volveran a ocupar de novo as casas e o turismo is en aumento, so habia que ver os barcos, cheos... Asi, de pri-meiras, era outro lugar. Tampouco presentin que aquel sentimento salvaxe se is transfor-mar, en pouco tempo, nun sentimento cada vez mais domesticado. Efectivamente cofiecin a outra parte da ilia. A perception da paisaxe era distinta, enriquecia a anterior. Un lugar tan pequeno e un mundo por descubrir.
Escoitara, tempo atras, falar do Buraco dos Mouros, buraco directo ao centro da terra que conecta a realidade coa lenda. Por primeira vez souben da existencia do castro, como non o puidera ver antes? Entendin que a paisaxe poder ser distinta segundo quen a ye, como a ye, con quen a ye, o momento do dia ou da nosa vida na que a vemos. A perception que cada un de nos temos dunha paisaxe, dun lugar o dunha pedra, pode variar tantas veces como as veces que a miramos. E nun paseo pola praia de Canexol, por Pura defonnacion profesional, ollei para o perfil do seu cantil. Ali parecia estar selada unha parte da nosa his-toria. Ante tal achadego, que entendia como moi antigo, decidin pofierme en contacto coa xerencia do Parque e falarlles da suposta importancia daquel xacemento colgado no cantil e que presuporlia podia ser unha manufactura de salgadura de peixe de epoca romana (Ballesteros-Arias 2009). Un xacemento romano colgado nun cantil coma unha apetitosa maza pendurada da sua arbore a espera de ser comida. Aquel xacemento abriume unha porta, quizais foi o detonante que me fixo pensar na necesidade de recofiecer a illa dende a cultura, entendida como unha illa habitada e semantizada dende a epoca castrexa, polo menos... xa non era tan natural como pensaba.

Aquel ano, viaxaba coa mina irma. Daquela ela traballaba no Centro de Sande de Bueu, e unha grande parte dos seus pacientes eran da illa. Ese feito fixo que moitas portas da illa tamer) se abriran. Accedin por primeira vez aos espazos mais intimos, aos espazos domesticos. A cocifia, as receitas de cociria, as leiras, os nornes das leiras, os cultivos, a endogamia percibi-da, os parentescos cruzados, o mar, o pasado recente, as mulleres labregas que foran marifiei-ras, os naarifieiros que foran labregos, as crianzas que foran labregas e marifieiras. Tempo atras, a illa estaba totalmente explotada. En palabras deles «todo estaba limpo», ningun recun-cho por traballar, ningunha pedra que voltear, ningun toxo que cortar, e a ilia segula dando. Pasaronse fame e calamidades. A posguerra, come non, deixou a sta pegada, igualiiio có resto. Tamen accedin ao pasado mitico, mistico, epico. Por primeira vez sentimos o medo na mite, a Santa Compafia e unha lexian de aparecidos instalaronse para sempre nas nosas cabezas.
Asi se presentou Ons. 0 lugar ideal para investigar e cofiecer os procesos culturais que all se deran, nese pequeno anaco de terra separado do continente pero unido polo percorrer da nosa historia. Por suposto, cofiecin persoas que mostraran o seu interese polo pasado da Staffan Morling, o etnografo pioneiro que fundiu a sna vida de investigador co amor dunha rapaza da ilia, Chefa. Tino Pardellas, incansable na busca do pasado e nas soluciOns para o futuro, adetnais das publications de Xurxo Lourenzo, Alvaro das Casas ou de Alon-so Romero entre outros. Pensei que non estarla de mais complementar estes traballos. Pero desta vez involucrando o laboratorio no que daquela traballaba, o actual Incipit. As ideas e as ganas xa estaban, agora so faltaba transmitilas e darlle forma, falar co meu director e co director do Parque Nacional e pofielas en action co traballo de campo.
Dende o Incipit (Institute de Ciencias do Patrimonio, CSIC), comezamos no veran de 2009.2 Formulouse un traballo que ia mais al6 do rexistro das entidades arqueoloxicas. Fixemos un baleirado das Pontes historicas escritas no que colaborou intensamente Marifia Bermudez, intentando it sempre aos documentos orixinais que axudaban tanto a contextua-lizar os elementos culturais que estaban sendo rexistrados coma os procesos historicos pro-ducidos. Levamos a cabo unha prospeccion arqueoloxica superficial na que se documentou o patrimonio cultural da illa e, paralelamente, desefiamos un plan de entrevistas nas que intentamos, a base de constantes visitas, documentalo case todo, dende as historias de vida as historias dunha comunidade. Non so nos estaban permitindo coliecer o pasado simboli-co, os mitos e as lendas asociadas as entidades culturais rexistradas, senor que quixemos achegamos ao seu pasado recente, documentando os cambios que se deran na illa a media-dos do seculo XX, acontecementos come a Guerra Civil, a posguerra, as etapas de major nivel de poboamento, o paso das donnas aos barcos de motor, o abandono da illa, a reocu-pacien, os anos 80 e 90, Camagriei...
Ao pouco tempo chegou Cristina Sanchez-Carretero, antropologa e coautora do libro e, ante a ebulicion incentivada por todo o material reunido e os vinculos establecidos, decidiuse solicitar un proxecto de investigation ao Plan Nacional.3 Iso ianos perrnitir financiar o traballo que quedaba por facer e, sobre todo, aplicar o metodo de investigaciOn que utilizaramos en Ons ao resto das illas do Parque Nacional: Cies, Salvora e Cortegada. Inquieta so pensalo. Indagar no pasado destes anacos de terra, vestibulos da terra firme, supoiiia un reto, especial-mente porque en cada unha delas tiveran lugar episodios de ocupacion humana e de propie-dade da terra bastante particulares. E curiosamente particular foi o resultado. Un resultado desafortunadamente cada vez mais habitual. Aceptouse o proxecto pero can recorte econO-mico do 80%. Ou dito doutro xeito, ao proxecto de investigacion dase o visto bo pero non ao custe que sup& levalo a cabo. Enton, en que quedamos? Que facemos? Que se fixo?
Como o financiamento concedido foi moi inferior do solicitado, so se puideron pofier en marcha algims dos obxectivos propostos inicialmente. Entre eles estaban o de profundar no traballo antropoloxico en Ons, completar a prospeccion arqueoloxica e realizar o estudo de vulnerabilidade do patrimonio dunha parte do Parque Nacional, ademais de paler en marcha e materializar a publication do traballo realizado na illa, tendo en conta variables xeografi-cas, historicas, culturais e etnograficas o que, ao noso entender, se conseguiu sobradamente. Asi tamen o verificou recentemente o Ministerio de Economia e Competitividade,4 onde se avaliou de forma satisfactoria o informe final presentado sobre o proxecto ILLAS, como asi se deu en chamar, apuntando que «seria interesante proseguir con esta Ha de investiga-cion». Frases feitas, ironias do proceso da investigacion.
Evidentemente o proxecto levouse a cabo cos cartos concedidos e con esa inquietude ainda latente de ter nas nosas mans pequenas chaves que seguirian abrindo portas. Cons-cientes de sentimos privilexiados ante semellantes paisaxes eheas de capas de datos, a mecha seguia prendida. Pero o tempo avanzou e o final achegouse. A mecha tornouse azul. De frio, de coraxe por ter que deixalo asi, como a medias. Pensar que estivemos a piques de poder acceder a materials transcendentes. De que se to pasan mil cousas pola cabeza do que se poderia facer coa cantidade de information que esta al, a espera. Da cara que se the queda ao pensar que quedan poucas persoas, testemufias directas, de vivir nas illas. Non importa. 0 muro é cada vez mais duro. Para algans, a investigacion hai un tempo deixou de valer a pena. Anoto as palabras que di con lixeira e firme retranca Andres, Enrique Villen, no moment() final da pelicula Balada triste de trompeta (2010) de Alex de la Iglesia: «La culpa no es de nosotros, es de este pais que no tiene remedioo.
En defmitiva, todo o que acabo de contar foi para explicarvos que unha iniciativa, ou mellor dito, un impulso individual, deu lugar a un traballo colectivo no que se viron involu-cradas moitas persoas do Incipit, persoal do Parque Nacional e moita mais xente. Xente da illa, amigas e amigos. Pero esta etapa politica pola que estamos a pasan estrangula estes irnpulsos, aniquila as solos e anula o cofiecemento.

Grazas a todos por participar nests historia que, sen dubida, algim dia se retomara.

Notas

1 Ballesteros-Arias, P.; Sanchez-Carretero, C. (Coord.). 2014. Ons, unha Isla habitada. Institute de Ciencias del Patrimonio (Incipit). Consejo Superior de Investigaciones Cientificas (CSIC). Santiago de Compostela. Polo de agora o libro so esta disponible para iPad na iBooks Store de Apple (htg)://bit.ly/Q12rXx). Proximamente en ebook.
2 Ballesteros-Arias, Paula. 2009. Estado Arqueoloxico e Etnografico da Paisaxe Cultural das IIlas Ons (Bueu, Pontevedra), con codigo CD 102A 2009/383-0. Memoria Tecnica entregada na DXPC en maio de 2010.
3 Procesos de formation y cambia del paisaje cultural del Parque Nacional de las Islas Atl Onticas de Galicia. Plan Nacional I+D del Ministerio de Ciencia e Innovation. Expediente: HAR2010-22004. Investigadora respon-sable: Cristina Sanchez-Carretero.
4 Con data do 3 de decembro de 2014 dense como concluido o seguimento cientifico-tecnico do proxecto.

Bibliografia
Ballesteros-Arias, P. 2009. 0 aproveitamento do mar ao longo do tempo. A documentation do xacemento romano de Canexol (Ma de Ons, Bueu). Cuadernos de Estudos Galegos, 122. Institute de Estudos Galegos Padre Sarmiento, CSIC. Santiago de Compostela.
Ballesteros-Arias, P.; Sanchez-Carretero, C. (Coord.). 2014. Ons, unha illa habitada. Insti-tute de Ciencias del Patrimonio (Incipit). Consejo Superior de Investigaciones Cientifi-cas (CSIC). Santiago de Compostela.
Ballesteros-Arias, P.; Gilimil-Fariiia, A., LOpez-Romero, E. 2013. Estudo arqueolOxico do Parque nacional Illas Atlanticas de Galicia. Prospeccion superficial e vulberabilidade. Serie CAPA, (Cuadernos de Arqueoloxia e Patrimonio), 33. CSIC. Madrid.
Dabezies, J. M. Ballesteros-Arias, P. 2013. Perceptions and Appropriations of Discourses in the National Park Island of Ons (Galicia, Spain). In: Silva, Luis & Elisabete Figuei-redo (Eds.), Shaping Rural Areas in Europe. Perceptions and Outcomes on the Present and the Future. Dordrecht: Springer. Pp. 41-56.
Lopez-Romero, E.; BaIlesteros-Arias, P; Giiimil-Farifia, A.; Daire, M.-Y. 2013. Human occupation and formation of the cultural landscape in Galicia's Atlantic Islands Natio-nal Park. In: Daire M.Y., Dupont C., Baudry A., Billard C., Large J.M., Lespez L., Nor-mand E., Scarre C. (dir.), 2013. Ancient maritime communities and the relationship bet-ween people and environment along the European Atlantic coasts/ Anciens peuplements littoraux et relations home/milieu sur les cotes de l'Europe atlantique. Proceedings of the HOMER 2011 Conference,Vannes (France), 28 /09-111012011 BAR (British Arca-heological Reports) International Series. Oxford.Pp: 285-293.



No comments:

Post a Comment